martes, 16 de febrero de 2016

Hattie, seguimos reflexionando sobre o proceso de ensino aprendizaxe.

Fernando Trujillo achéganos as reflesións de Hattie sobre o proceso de ensino-aprendizaxe:

 Hattie defiende la necesidad de ayudar a que los estudiantes sean conscientes de qué sentido tiene lo que están aprendiendo, cuáles son los objetivos planteados, cómo pueden alcanzarlos y si, finalmente, los han alcanzado: el aprendizaje debe ser algo visible para quien aprende también.

http://fernandotrujillo.es/una-buena-y-una-mala-noticia/

domingo, 7 de febrero de 2016

AVALIACIÓN


Proceso de ensino-aprendizaxe: Reflexionando sobre as TIC na escola da man de Fernando Trujillo.

Fernando Trujillo publicou na súa páxina a súa ponencia en Escola Digitala, o seu relatorio profundiza sobre o uso das TICna escola, sobre o  propio proceso de ensino aprendizaxe e a nosa utilización das TIC neste proceso.

Unha ponencia moi interesante e da que puidemos extraer contidos e procedementos moi útiles para reflexionar sobre as nosa prácticas e a avaliación das mesmas.

O noso uso das TIC na escola debe comezar explorando a vía persoal de uso para continuar pola exploración da vía profesional e non ao revés.

Debemos utilizar as TIC no ensino para a comunicación interna, para a xestión de proxectos, para a difusión e comunicación externa. 
Temos que usar as TIC para a aprendizaxe:
  • para producir.
  • para consumir.
  • para compartir. 


"Somos unha xeración que le e cando non lemos temos problemas. Unha escola ten que ser unha institución que aprende " di Fernando Trujillo.

Para explicarnos como debemos enfocar o proceso de aprendizaxe cos nosos estudiantes utiliza o símil do partido de fútbol: " Aos nosos estudiantes gústalles xogar o partido máis que entrenar". Teñen que aprender o xogo de aprender:
  • Investigar ou facer.
  • Resolver problemas.
  • Dar explicacións, argumentar.
  • Mostrar evidencias.
  • Buscar estratexias e destrezas.
  • CREAR.
Así tamén se modificará a AVALIACIÓN xa que esta se realizará durante todo o proceso e non só ao final do mesmo. Hai que detectar o impacto da aprendizaxe, estudar as consecuencias da nosa avaliación.

Podemos profundizar nestes contidos seguindo a súa ponencia no seguinte vídeo: